bq Aquaris A4.5 4G, o primeiro Android One da compañía española

Hai unhas semanas soubemos que Android One chegaría ao Estado español da man de bq, e agora xa temos todas as especificacións do terminal que vai incorporar este sistema operativo, o bq Aquaris A4.5 4G.

bq aquaris a4.5 03

bq aquaris a4.5 02

O certo é que este terminal xa o coñecemos, é o Aquaris M4.5 sen botón físico da parte frontal, xa que a botoneira pasa a ser totalmente tátil integranda en pantalla. Podemos destacar:

  • Pantalla ips de 4,5″ e qHD 960×540 que esteaba a tecnoloxía Quantum Color +.
  • Procesador Mediatek quadcore a 1 Ghz de 64 bits.
  • 1 GB de RAM.
  • 16 GB de almacenamento interno, que se complementan cunha microSD até 64 GB.
  • Cámara principal de 8 mpx e a dianteira 5 mpx.
  • Batería de 2470 mAh.
  • Contamos co habitual dualSIM, bluetooth 4.0, GPS e 4G.

bq aquaris a4.5 01

No sistena operativo está a particularidade do Aquaris A4.5 4G, pois por ser un terminal Android One, Google garente actualizacións directas por un periodo de 2 anos polo que podemos catalogar a este bq coma un Nexus de gama baixa.

Sairá ao mercado con Android 5.1 totalmente puro, por un prezo de 169 euros dende a web.

Sobre o autor

Reply