BQ Plus, a extensión de garantía de bq desde 19,90€

bq plus

bq acaba de mellorar as garantías dos seus productos lanzando unha nova e completa extensión de garatía para os seus terminais e dende 19,90€, que ten o nome de BQ Plus.

Con este novo seguro, temos cubertas a meirande parte dos accidentes habituais que sofren os nosos terminais: roturas de pantalla, danos por humidades, roubo ou reparación por caídas accidentais.

bq plus

Temos que ter en conta, que BQ Plus proporciona unha reparación por terminal ao ano, non supón unha tarifa plana de reparacións, é dicir, non permite reparar o termina 3 ou 4 veces no ano.

Como é lóxico, estes 19,90€ de entrada, varían en función do terminal que posuamos, pois como entenderedes non todos os dispositivos se poden reparar polo mesmo custo ao estar fabricados con hardwares diferentes, uns máis custosos que outros. Na seguinte táboa, podedes ver todas as posibilidades:

bq plus 02

Na seguinte ligazón podedes contratar esta extensión de garantía para o voso terminal bq até un máximo de 5 anos, unha opción moi interesante ao ter un prezo tan axustado.

Deixa un Comentario