Zik 3, os novos auriculares de Parrot

sik3

A compañía Parrot presentou no pasado IFA de Berlín uns novos auriculares, os Parrot Zik 3, que destacan polo seu diseño, no cal atopamos tres acabados diferentes. Dende una “textura Croc” a cal a podemos obter en diferentes cores como marrón ou vermello, “Overstitched” dispoñible en negro ou marfil e “Leather-grain” dispoñible en negro.

O Zik 3 dispón de un panel capacitivo, ubicado no auricular dereito que lle permite controlar a súa música deslizando cara atrás e cara adiante para saltar pistas, arriba e abaixo para cambiar o volumen. Coa aplicación SmartWatch de Parrot para Apple Watch e Android Wear permitenos controlar a nosa música e axustar a configuración de audio.

sik32

Ofrécenos tres opcións de conectividade: Bluetooth NFC, jack ou USB porto de audio de 3,5 mm, tamén se pode empregar para realizar a súa carga ou se o queremos de forma inalámbrica aproveitando a súa compatibilidade cun cargador Qi. A batería de 830 mAh permítenos alcanzar un máximo de 18 horas de uso, cunhas dúas horas de tempo de carga.

sik35

O Zik 3 proporciona a cancelación de ruídos activos, sendo capaz de deter fontes de ruído de ata 30 dB, aínda que se non se quere aillarse por completo do mundo exterior, sempre podemos empregar a función “Modo Rúa” o que reduce a intensidade de cancelación de ruídos. Completan as súas funcións o “Head Detection” que detecta cando o usuario se desprende dos seus auriculares detendo desa forma a reproducción de música.

A día de hoxe non temos constancia de cal será o seu prezo final e cando estarán dispoñibles no mercado.

Deixa un Comentario