Fujitsu lanza a Tablet PC STYLISTIC V535R, pensada para o sector retail

Fujitsu PC STYLISTIC V535R

Cando nos falan de tablets o máis probábel e que o noso pensamento non vaia cara un trebello como o da imaxe. Trátase da nova tablet Stylistic V535R de Fujitsu, un dispositivo pensado para o uso profesional en tendas con servizo de atención ao público.

Ao contrario que os trebellos domésticos, este dispositivo está deseñado para soportar as inclemencias habituais que pode sufrir nunha tenda, como caídas, rabuñadas ou outras derivadas do seu uso en movemento.

Como principais especificacións incorpora unha pantalla de 8,3 polgadas, procesador Intel de catro núcelos e batería que promete durar toda unha xornada laboral. Ademais, dispón de todo o preciso para a realización de pagos con tarxetas de crédito ou débito.

Fujitsu decidiu incluír software adicional para mellorar a experiencia de cliente, o Fujitsu Market Place. Esta ferramenta permite, ademais de cobrar, levar a xestión do inventario no almacén, facer reservas de produtos ou tramitar cambios e devolucións das compras de xeito doado.

Deixa un Comentario