Todo o mundo Star Wars Movistar á túa casa leva

movistar star wars

Telefónica e Disney veñen de anunciar a firma dun acordo para levar todo o universo Star Wars ás televisións das clientas do Movistar+, e que abrangue tanto contidos audiovisuais como outras accións promocionais.

Grazas a este acordo, Movistar ofrecerá unha canle chamada Movistar+ Star Wars que incluirá contidos de produción propia, toda a saga de Star Wars (formada por seis películas) e o novo filme, Star Wars: o acordar da Forza, que chegará meses despois do seu estreno no cinema, previsto para o 18 de decembro.

A nova canle poderase ver durante dúas semanas no dial 35 (actual Canal+ DCine) e supón un chanzo máis na gran loita polos contidos que estamos a vivir entre as empresas que ofrecen televisión, unha batalla que vai máis aló do fútbol.

Ademais desta canle, Disney e Movistar levarán a cabo diversas accións de márketing, eventos e outras iniciativas para os clientes da operadora durante o que queda de ano e no 2016.

Sobre o autor

Reply