Does not commute, un xogo de conducción moi retro

Hoxe queremos compartir con vós un xogo de conducción sinxela inspirado en modelos dos anos 70. Este xogo chámase Does not commute.

does not commute 01

A mecánica do xogo é sinxela, temos un coche co que ir do punto A ao punto B. Cada vez usamos un coche diferente dun veciño da cidade, e ao subir a el, iremos coñecendo os seus segredos, que aparecerán na parte inferior da pantalla.

Só dispoñemos de dous botóns para xirar á dereita e á esquerda. Non nos temos que preocupar de acelerar ou frear. Ademáis ao ir superando probas, teremos melloras no coche, coma poden ser un novo turbo, máis tracción,… pero coidado, segundo a ruta q teñamos que seguir, pode axudarnos ou non.

does not commute 03

Pois ben, o xogo dache un tempo para percorrer unha distancia predeterminada que se volve máis complexo ao ir superando fases, pois o tráfico aumenta e se chocamos o noso coche vólvese lento tendo que andar con ollo de non esgotar o tempo dado. No mapa, temos bonus de tempo, que son os que teremos que ir collendo pois só contamos con 60 segundos e para rematar o xogo, eses bonus son os que nos permiter ir recuperando tempo que perdemos ao facer cada ruta.

does not commute 04

Como vos comentabamos antes, o deseño do xogo é coches está inspirado nos anos 70 dándolle un toque vintage moi logrado. Podemos descargar de balde o xogo dende esta ligazón á Play Store, máis se queresmos continuar o xogo no punto de control máis avanzado, teremos que accedar á app premium. Se non o facemos, cada vez que perdamos, teremos que voltar ao comezo do xogo.

Deixa un Comentario