Ulefone París: 35 euros máis barato durante a prevenda

O Ulefone París é un trebello que destaca polas súas prestacións máis próximas ao que consideramos gama media a prezo de terminal de entrada, o que o convirte nunha opción bastante interesante.

ulefone paris - 2

Incorpora unha pantalla de 5 polgadas e 720p e no seu interior integra un procesador Mediatek MTK6753 con arquitectura 64 bits, 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna (ampliábeis), cámaras de 13 e 5 megapíxeles e batería de 2250 mAh.

Durante o período de prevenda podémolo mercar por 129,99 dólares (uns 115 €), con envíos que sairán desde o 25 deste mes. Ao remate desta fase, o prezo pasará a ser 169,99 € (150 €)

Sobre o autor

Reply