LG Class, o novo terminal con acabado metálico de LG

lg class - 1

A convocatoria á súa presentación xa nos dera pistas de como sería o deseño do novo terminal metálico de LG, o LG Class, que se vén de facer oficial en Corea do Sur e que con moita probabilidade non chegará a comercializarse en Europa.

Como vén sendo habitual nos trebellos que LG presentou nos últimos dous anos, o novo Class tamén incorpora a botoneira na parte traseira do dispositivo como peza chave dun deseño no que se aposta polos bordes lixeiramente redondeados para facilitar o agarre.

Vén cunha pantalla IPS  de 5 polgadas e resolución 1280 x 720 píxeles, movida por un procesador Qualcomm Snapdragon 410 que vén acompañado de 1 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna que se pode expandir con tarxetas microSD.

lg class - 2

As cámaras son de 13 e 8 megapíxeles, a batería de 2050 mAh e a conectividade dispoñíbel LTE. Tamén conta con NFC, aínda que se bota en falta o lector de pegadas dixitais.

Estará dispoñíbel en tres cores (dourado, prateado e azul escuro) por uns 320 euros ao cambio.

Deixa un Comentario