R suspende por primeira vez en atención telefónica, comercial e asistencia técnica

r cable

Non son poucas as clientas de R que nos últimos meses veñen denunciando un empeoramento xeral dos servizos de atención ao cliente e comercial da compañía, unha cuestión que vén de reflexarse nun novo estudo que analiza estes servizos nos diferentes operadores.

A perda da riqueza e calidade na información que proporcionan por teléfono e o alto tempo de espera (superior ao minuto en media e a peor máxima de todas as operadoras, con máis de 200 segundos) son algunhas das cuestións que favoreceron este retroceso na operadora galega (outrora líder en atención ao cliente), perdendo postos a favor de Movistar e Ono, únicas empresas que aproban neste eido.

Neste senso, Movistar lidera a clasificación cun 6,13, compartindo aprobado con Ono, Telecable e Euskaltel, empresas que superan o 5. Entre os suspensos atopamos a Vodafone (4,97), seguido de preto por R (4,96), que á súa vez se sitúa por riba de Jazztel (4,36) e Orange (4,05), as compañías que ocupan a penúltima e última praza no ránking dos peores servizos de atención ao cliente.

O estudo tamén denuncia que R non informa correctamente sobre cuestións como a permanencia ou as penalizacións, pero amosa certo positivismo en que na operadora galega “só” é preciso facer, en media, 2 chamadas para resolver un problema, unha das cifras máis baixas fronte os casos extremos de Jazztel (7) e Orange (6).

Que pensades das conclusións deste estudo? Reflexan a vosa experiencia?

Vía

5 Comentarios

  1. Adrián 22 Setembro, 2015 Responder
  2. Roi 22 Setembro, 2015 Responder
  3. Miguel 22 Setembro, 2015 Responder
    • Fercu 24 Setembro, 2015 Responder
  4. Fercu 24 Setembro, 2015 Responder

Deixa un Comentario