Xiaomi Mi 4C, o novo terminal do fabricante chinés

xiaomi mi 4c

O fabricante chinés Xiaomi vén de dar a coñecer un novo terminal, o Xiaomi Mi 4C, un trebello que se enmarca dentro da gama media, malia que as súas especificacións son superiores ás que adoitamos ver nos dispositivos doutras marcas.

A súa pantalla é un panel fabricado por Sharp que conta cunha resolución de 1080 x 1920 píxeles (438 ppp) e no seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 808 (seis núcleos a 1,8 GHz), 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna.

xiaomi mi 4c - 2

No apartado multimedia temos unha cámara principal de 13 megapíxeles e unha frontal de 5 Mpx, mentres que a batería queda fixada nos 3000 mAh. Como sistema operativo apostan por Android 5.1 coa capa de personalización MIUI 7.

Como adoita pasar con este tipo de dispositivos de fabricantes chineses, haberá que agardar a ver como é a súa comercialización aquí, aínda que sempre podemos optar por mercalo a través dunha tenda en liña.

Sobre o autor

No Responses

Reply