Pepeenergy, a comercializadora de enerxía de Pepephone

Hoxe coñecemos os detalles do novo proxecto no que está embarcado Pepephone. Coma compañía de telefonía xa coñecemos os seus servizos e a súas boas políticas de atención ao cliente,  baseadas na transparecia e recoñecemento de erros.

Seguindo con esta filosofía, naceu Pepeenergy que será unha comercializadora de enerxía á que lle podemos contratar o suministro de luz eléctrica  dos nosos fogares a un prezo moi axustado.

pepeenergy

Pepeenergy mercará a enerxía a unha empresa que só merca enerxía 100% verde, que revenderá ao mesmo prezo ao que o merca na subasta,  sendo este prezo publicado polo OMEI (Operador do Mercado Ibérico de Enerxía) e só lle engaden 1,25€ ao mes.

Deste 1,25€ debemos separar 1€ que se emprega en cubrir os custes da empresa (serán 2€ para as clientas que contraten máis de 5,5 kw/h) e o resto, 25 céntimos, empregarase no pago dun seguro colectivo co cal, todas aquelas usuarias que sexan asalariadas ou autónomas terán garantido un ano de facturas gratis no caso de quedar en paro uns (asalariados) ou teñan un accidente laboral e teñan unha baixa recoñecida (autónomos) até 90 €/mes aplicabel a un máximo de 3 casas por cliente.

No caso dos asalariados, este seguro irá dirixido aos que teñan contratos indefinidos e se encontren ante un despido imprevisto.

Polo de agora, a e nunha primeira fase, só as clientas de Pepephone que teñan o recibo da luz ao seu nome, poderán contratar con Pepeenergy, para acadar un “crecemento tranquilo” como se nos transmite dende Pepephone. Pepeenergy comeza a funcionar o 30 de setembro.

Sobre o autor

Reply