Mi Mobile, o OMV de Xiaomi

mi mobile

Xiaomi está sendo unha caixa de sorpresas, e a presentación do novo Xiaomi Mi 4C de onte tamén serviu para lanzar o seu operador móbil virtual, Mi Mobile. Trátase dun movemento semellante ao de Google con Fi, co que pretenden ofrecer servizo de móbil a prezo asequíbel.

A oferta redúcese a dúas tarifas, unha de contrato con 3 GB de datos por algo menos de 10 dólares ao mes e outra de pago por consumo en tarxeta, a razón de 0,015 dólares por minuto, SMS ou MB de datos. A velocidade de navegación será 4G até 150 Mbps, e as tarxetas SIM veñen preparadas cos 3 cortes (nano, micro e SIM estándar).

Está claro que a opción de tarxeta resulta bastante máis cara, pero lémbranos algunhas opcións que atopamos no Reino Unido, con tarxetas pay-as-you-go por consumo que poden compensar para usos esporádicos ou reducidos.

Sobre o autor

Reply