ET50 e ET55, as novas tabletas empresariais de Zebra

A empresa Zebra Technologies Corporation vén de presentar dúas novas tablets dirixidas a usuarias empresariais: son as ET50 e ET55. A particularidade destes trebellos é que se pode elixir o sistema operativo co que facer funcionar o gadget: Android 5.1 ou Windows 8.1 (preparadas para Windows 10).

ET55 tablets

As principais diferenzas entre as tablets son que a ET50 conta con conexión Wi-Fi, mentres que a ET55 engade conexión 4G LTE. Ademáis, podemos elixir o tamaño de pantalla: 8,3″ ou 10,1″ con resolución 1200 x 1920.

En común, teñen o procesador Intel quadcore de 64 bits a 2,4 GHz, 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento que se complementa cun slot para microSDXC até 2 teras. En canto á conectividade non temos queixa, pois contamos cun receptor wifi 802.11a/b/g/n/k/r, Bluetooth v4.0 e NFC. As baterías teñen unha capacidade de 5900 mAh para a de 8,3″ e de 8700 mAh para a de 10,1″. Nesta ligazón, podedes consultar as especificacións completas.

ET50 01

Debemos destacar o software propio que engadiu Zebra para as tabletas que funcionan con Android, como por exemplo as extensións de mobilidade que proporcionan seguridade empresarial, xestión de dispositivos e capacidade de captura de datos ou a AppGallery que é unha tenda de aplicacións empresariais.

Como vedes, é un tablet deseñada para satisfacer as diferentes necesidades das usuarias que se moven en entornos profesionais. Todas aquelas empresas interesadas neste producto, tedes esta ligazón na que vos podedes por en contacto con Zebra para coñecer prezos e dispoñibilidade do producto.

Sobre o autor

Reply