Aerius, quizais o drone máis pequeno do mundo

aerius - 1

Hainos de todos os tamaños e formas, así como tamén con milleiros de utilidades. Falamos dos drones, termo acuñado para definir aos diferentes obxectos voadores non tripulados que nos últimos meses están a acaparar moita atención, especialmente pola aparición de chamativas propostas de empresas como Amazon e o seu servizo de entrega rápida a domicilio ou Vodafone o seu socorrista voador, do que falamos hai uns días.

aerius - 2

Porén, hoxe queremos falarvos de Aerius, un drone – xoguete que ademais ten a peculiaridade de ser un dos máis pequenos do mundo, cunhas dimensións de 3 x 3 x 2 centímetros. Malia o seu pequeno tamaño, ten espazo para integrar catro hélices, un xiroscopio de 6 eixos, luces LED’s e control de orientación. Quizais o aspecto máis negativo sexa a súa batería, xa que esta ten só 80 mAh, o que lle dá unha autonomía duns 5 minutos; iso si, cárgase de novo en 15 minutos, polo que esta limitación é menos mala.

aerius - 3

Se estades pensando que queredes un, cómpre dicir que xa está en pre-venda, aínda que hai que esperar un mes para que chegue. Pódese mercar en catro cores (laranxa, azul, verde e negro) por 35 dólares desde esta ligazón.

Deixa un Comentario