Claria Zoom, a app para as usuarias con deficiencias visuais

Hoxe queremos compartir con vós unha app dirixida aos nosos maiores ou usuarias con problemas visuais. Esta aplicación chámase Claria Zoom.

Os terminais de hoxe, para a nosa desgracia non están adaptados para este tipo de persoas malia o esforzo que fan os fabricantes aportando solucións, aínda queda moito traballo por facer.

claria zoom 02

Para axudar no día a día destas persoas temos dende este mesmo mes, Claria Zoom que modifica a pantalla principal do smartphone, agrandando as iconas e unha nova convinacións de cores, e ferramentas especializadas coma a lupa electrónica, o recoñecemento de caracteres, lector de libros por voz. Esta aplicación tamén conta cun sistema de recoñecemento de voz para dictar todo tipo de mensaxes ou correos electrónicos.

claria zoom 01

Ademáis, Claria Zoom recibiu un premio polos profesionais da baixa visión no último Salón Mundial da Óptica en Paris. A aplicación podédela atopar na Play Store de balde tendo accesíbeis as funcións básicas. Para acceder a app completa, debemos pagar 3,99 € ao mes (debemos sinalar que contamos cunha demo de 30 días coas funcións completas activas).

Deixa un Comentario