Asus anuncia un teléfono pensando nas selfies: Zenfone Selfie

asus zenfone selfie

Os fabricantes levan un tempo prestándolle máis atención á cámara frontal dos teléfonos, en certa maneira para dar resposta á gran demanda polo auxe das selfies (ou autorretratos). Tanto é así que xa non estamos ante o primeiro (nin o segundo) dispositivo deseñado especialmente con este cometido. É o caso do Asus Zenfone Selfie, que vén de ser presentado.

O novo trebello de Asus monta unha pantalla IPS de 5,5 polgadas (1280 x 720 píxeles), con 178 graos de visión e tecnoloxía Asus TruVivid . No seu interior atopamos un procesador Qualcomm Snapdragon 615, de 8 núcleos e 64 bits, 3 GB de memoria RAM, 32 GB de memoria interna (ampliábeis con microSD e 100 GB en Google Drive), batería de 3000 mAh e conectividade LTE/4G.

asus zenfone selfie - 2

Con todo, o destacábel deste trebello é a súa cámara frontal, con tecnoloxía PixelMaster, 13 megapíxeles, apertura f/2.2 e lente de gran angular de 88 graos. Isto compleméntase con modos de cámara que axudan a sacarlle partido, destacando o Selfie panorámico, que captura imaxes de até 140 graos de amplitude.

A cámara traseira, tamén de 13 megapíxeles, ten unha apertura de f/2.0. Ambas as dúas incorporan lentes con 5 prismas Largan, sensores Toshiba e flash real tone con 2 LEDs.

O Asus Zenfone Selfie está xa en prevenda nun amplo abano de core por 299 €. COmezará a distribuírse a partir do 12 de outubro.

Deixa un Comentario