Pebble apúntase aos reloxos circulares co novo Time Round

Co mercado dos smartwatches en plena ebulición semella que as usuarias estamos a preferir as opcións con deseños circulares fronte aos iniciais cadrados. É o caso dos Moto 360, LG G Watch R ou Urbane, Samsung Gear S2… ou o recén presentado Pebble Time Round.

pebble time round - 1

Este último é o primeiro modelo circular de Pebble, unha compañía que debe os seus éxitos en parte a campañas de micromecenado con final positivo. A súa pantalla é circular e a cor, e non ten un excesivo consumo de batería; de feito, o fabricante asegura que é posíbel ter 2 días de autonomía cunha única carga, ou un día con 15 minutos de carga.

pebble time round - 2

Ademais de destacar pola súa pantalla circular tamén o fai por deseño, sendo o máis lixeiro e delgado do mercado, con apenas 7,5 mm de grosor. As correas que usa son de 14 ou 20 mm, sendo intercambiábeis.

A versión con correa metálica negra ou dourada custará 249 dólares.

Sobre o autor

Reply