Mininovas Android: a malla da semana

Gmail xa permite bloquear usuarias e darse de baixa de listaxes de correo

Nunha recente actualización da app de correo, atoparemos unha nova opción coa que poder deixar de recibir emails de determinados contactos, xa que podemos bloquear esas direccións.

gmail 01

Ademáis, tamén poderemos anular suscricións a webs ou tendas que nos manda principalmente información comercial na que xa non estamos interesados.

gmail 02

Instragram chega aos 400 millóns de usuarias

instagram

100 millóns máis de usuarias activas ao mes foi a cifra que acadou en tan só 9 meses até os 400 millóns totais cun total de 80 millóns de fotos ao día. Ademáis deste crecemento, o 75% das usuarias xa está fóra dos EEUU.

Facebook prepárase para soportar vídeo en 360 graos

En poucos días as usuarias de Facebook poderán reproducir vídeo en 360º. Hoxe en día, este tipo de contido non é difícil atopalo, por isto é unha decisión moi axeitada, pois unha redes sociais máis importante da actualidade, non podía non soportar este tipo de vídeos por máis tempo.

Xiaomi prepara un ultrabook para o vindeiro ano

Xiaomi

Non temos detalles sobre este novo producto, pero hai fortes rumores de que a mediados do 2016, veremos no mercado un ultrabook baixo a marca Xiaomi que segue a liña dos seus smartphones: productos moi competitivos tendo en conta a relación calidade-prezo. Sabemos que este PC será fabricado por Inventec baixo a supervisión de Xiaomi.

Polo de agora non se deron detalles, pero semella que tamén vai apostar polo mercado dos PCs. A competencia terá razóns para tremer?

Un bq X5 con Cyanogenmod?

bq cyanogenmod

Corre un rumor polo que a española bq está traballando para achegarnos un terminal que correría con Cyanogenmod 12.1, equivalente a Lollipop 5.1.1 e estaría construido misturando plástico e metal, acadando un acabado máis premium do que nos ten afeitos bq.

Polo de agora só é un rumor, pero nesta ligazón tedes máis información sobre esta alianza.

Internet.org pasa a chamarse Free Basics

A iniciativa de Facebook que pretende achegar de xeito gratuito internet a todo o mundo muda o seu nome. O proxecto pasa a chamarse Free Basics.

free-basics-by-facebook

Este proxecto foi moi criticado porque afectaba negativamente á neutralidade da rede, e por iso acabaron abrindo o prexecto aos todos os desenvolvedores para crear apps para o servizo, pois ao comezo só os que estaban dentro da iniciativa, podían facelo. Tampouco é tan gratuíta como din, pois está subvencionada polos gobernos.

Como novidade, ademáis do cambio de nome agora incorpora, ao fin, HTTPS e encriptado end-to-end, algo que non era posíbel até o momento.

Sobre o autor

Reply