Analizamos a DELL Venue 10 5000

Hoxe queremos compartir con vós as nosas sensacións logo de probar durante algo máis dunha semana a Venue 10 da serie 5000, da compañía DELL.

Deseño e conexións

dell venue 10 07

Estamos diante dun dispositivo fabricado en plástico de calidade que fai que teñamos boas sensación cando a temos na man. Contamos con dous altofalantes que nos proporcionan calidade e potencia a partes iguais e están situados nos laterais máis curtos, que acabamos tapando cando xogamos, polo que o son non sae con limpeza. O botón de encendido está na parte superior.

dell venue 10 07

Na parte dereita, ademáis dun dos altofalantes, temos 2 slots: un para unha tarxeta microSD e o outro para unha SIM. Na parte esquerda, atopamos un lector USB 2.0, o conector de caga por microUSB, un miniHDMI e o minijack de 3.5mm.

Especificacións

O hardware deste equipo é o seguinte:

  • Procesador Intel Atom Z3735F a 1.83GHz de catro núcleos
  • 2 GB de RAM
  • 32 GB de almacenamento interno que se complementa cun slot para microSD e co USB, pois é OTG
  • Pantalla IPS de 10,1″ e 1920×1200 de resolución
  • 3G, NFC e bluetooth 4.0
  • Wifi Broadcom AH691A-2×2 (802.11 a/b/g/n)

Con estas especificacións temos unha boa experiencia de uso. A tableta responde ben ao movernos entre aplicacións e cando desfrutamos de xogos exixentes como pode ser o Asphalt 8.

Multimedia

No apartado multimedia debemos diferenciar as cámaras e a pantalla. As cámaras son testimoniais coma na meirande parte das tabletas. A principal é de 5 mpx, mentres que a dianteira é de tan só 1,2 mpx, insuficiente hoxe en día.

Agora ben, a pantalla gustounos. O panel IPS permítenos desfrutar de vídeo en alta calidade, experiencia que se completa cos bos altofalantes do equipo, así coma navegar ou insteractuar coas nosas amizades en redes sociais.

Sistema operativo

Esta tablet Android leva no seu interior Lollipop 5.0.2 sen moitas nodificacións do fabricante. Só atopamos algunha aplicación introducidas por DELL para sacarlle máis partido á tableta. Podemos destacar:

    • Mi DELL: app coa que descubrimos que hardware ten o equipo e se funciona axeitadamente.

dell venue 10 01

    • DELL Cast: é a app para manexar un accesorio, que demos mercar a parte, que permite conecta periféricos.
    • Galería: unha app para almacenar as nosas fotos, chea de funcións para telas organizadas do xeito máis sinxelo posíbel.

dell venue 10 03

    • MaxxAudio: un ecualizador para configurar o son ao noso gusto en función do que estemos facendo coa tableta.

dell venue 10 02

Conclusións

dell venue 10 05

Na nosa opinión está tableta sería unha equipa moito máis completa se tivésemos un teclado, pois así as tarefas de creación de contido, pasan unicamente por respostas ou envíos sinxelos de mails ou redes sociais. Pola contra, como dispositivo para ver unha película ou vídeos en streaming ofrece unha resposta satisfactoria, pois o peso de 630 gramos non é unha eiva importante á hora de tela na man.

Ademáis no apartado da batería, nun día de uso inteso con brillo alto, reproducindo vídeo, xogando, actualización de redes sociais,… conseguimos sacarlle 5 horas e media de pantalla.

dell venue 10

En xeral é un producto que debemos ter en conta se buscamos unha tableta Android de máis de 8 polgadas. Se vos gustou a Venue 10 5000, na seguinte ligazón podedes mercar a tableta.

Deixa un Comentario