Google anuncia os novos Nexus 5X e 6P

O lanzamento de novos trebellos Nexus sempre é unha boa nova, pero este ano se cadra o interese é maior, xa que no canto de un contamos con dous novos dispositivos. Falamos do Nexus 5X e o Nexus 6P, fabricandos por LG e Huawei, respectivamente.

nexus 5X 01

Ambos os dous trebellos xa foran filtrados nos últimos días, tanto en imaxes promocionais como as súas especificacións, aínda que estas variaron nas últimas horas á espera das oficiais, que acaban de ser confirmadas.

nexus 6P 01

Especificacións técnicas: fuxindo do hardware máis potente

Salvo os dous primeiros (Nexus One e Nexus S), o resto de dispositivos da saga Nexus non foron trebellos co hardware máis potente do momento no mercado, senón unha aposta por unha combinación de compoñentes que daban bos resultados e a optimización do software a ditas prestacións. Os novos Nexus repiten esta estratexia, e a grandes rasgos estas son as principais características técnicas:

LG Nexus 5X Huawei Nexus 6P
Pantalla 5,2″ (424 ppp) 5,7″ (515 ppp)
Procesador Snapdragon 808 Snapdragon 810 v2.1
RAM 2 GB 3 GB
Memoria 16 / 32 GB 32 / 64/ 128 GB
Cámaras 12,3 / 5  Mpx 12,2/ 8 Mpx
Batería 2700 mAh 3450 mAh
Conectividade NFC / BT 4.2 NFC / BT 4.2
Cores Carbón, cuarzo, azul Aluminio, grafito, escarcha e ouro

Alén de todo iso, ambos os dous trebellos veñen equipados co novo USB Type C, carga sen fíos e sensor de pegadas dixitais, un elemento hoxe en día fundamental para autenticar ás usuarias.

En canto a prezos, a falta de confirmar os PVP no noso país, o Nexus 5X partirá dos 379 dólares na versión de 16 GB, mentres que o Huawei Nexus 6P na súa versión de 32 GB custará 499 dólares.

Prezos 5X 6P

Android 6.0 Marshmallow

Marshmallow 01

Como todos os Nexus, os novos 5X e 6P estrean versión de Android, neste caso a 6.0 – Marshmallow, que se ben non introduce grandes cambios de deseño supón un avance importante en canto a rendemento e seguridade.

Isto nótase especialmente na reducción do consumo de memoria RAM e na consecuación dunha maior autonomía (até un 30% máis en repouso) coa mesma capacidade de batería, algo que agradeceremos de seguir a tendencia dos gama alta deste ano que axustan a capacidade ao máximo.

Que vos parecen os novos dispositivos de Google?

Sobre o autor

No Responses

Reply