Pixel C, un convertíbel asinado por Google

Esta mesma tarde coñecimos unha nova tableta que recibe o nome de Pixel C.

Pixel C 01

É unha tableta tradicional que se completa cun teclado, coa que se pode transformar nun convertíbel moi interesante. Neste dispositivo temos uns imáns para pegar o teclado á tablet, pois con este sistema podemos aforrar grosor no conxunto. Ademáis este teclado, permite diferentes posicións para que este Pixel C sexa cómodo na meirande parte das posicións.

Pixel C 04

O teclado que pode ter acabado en coiro o aluminio, ten unha batería interior que pode ser cargada cando está conectado á tablet é bebendo da súa batería, cando ela está completamente cerrada.

Pixel C 03

O tamaño de pantalla é de 10,2″ e unha resolución de 2560×1800 pixeles e 308 ppp e 3 GB de RAM. O SoC está fabricado por Nvidia, e é o Tegra X1. Como non pode ser doutro xeito, sae ao mercado con Android 6, Marshmallow. En canto á conectividade, destamos o USB tipo C polo que imos cargar a batería ou cargar os novos terminais Nexus.

Pixel C 02

Atopamos esta nova tableta con dúas posibilidades de almacenaxe. A de 32 GB custa 499$, mentres que a de 64 GB vaise aos 599$. O teclado debémolo mercar a parte por un prezo de 149$.

Sobre o autor

No Responses

Reply