Google anuncia Play Music Family

No seu momento o lanzamento de Google Music (que logo pasaría a chamarse Play Music) cambiou o xeito de consumir música na nube. A aposta era diferente á de Spotify, líder indiscutíbel na reprodución de música en streaming á carta: Google propuña ofrecer espazo na nube para podermos subir a nosa música e reproducila en calquera lugar.

Porén pouco tardaría en introducir cambios e hoxe é un reprodutor musical no que temos a música que subimos nós, a que mercamos (que non ocupa espazo) e un servizo de streaming por 9,99 €/mes.

google play music 01

Aproveitando a presentación dos novos Nexus, Google vén de anunciar Google Music Family, seguindo os pasos dos servizos “familiares” de Spotify e Apple: por 14,99 $/mes poderán empregar Play Music até 6 persoas diferentes, co que o aforro resulta máis ca interesante.

Polo momento só estará dispoñíbel nos Estados Unidos, aínda que está previsto que máis adiante chegue a novos países, imaxinamos que ao noso por 14,99 €/mes.

Deixa un Comentario