Prezos dos novos Nexus: Nexus 5X desde 479 € e Nexus 6P desde 649 €

nexus 2015

Tras anunciar os novos Nexus 5X e Nexus 6P quedaba no aire un tema importante: o prezo no noso país.

Por experiencias anteriores era previsíbel que houbese unha conversión de 1 $ = 1 €, que malia non ser nada beneficiosa para nós é a habitual en produtos de electrónica. Porén esta vez Google decidiu inflar os prezos antes de IVA ao vir a Europa de maneira sustancial, tanto que o Nexus 5X terá un prezo de partida de 479 € (379 dólares nos EEUU) e o Nexus 6P de 649 € (499 dólares nos EEUU).

Que vos parecen?

No Responses

Deixa un Comentario