Amazon abre o seu supermercado online no noso país

supermercado amazon

Que Amazon supuxo un antes e un despois no comercio online ninguén o discute. Agora a compañía quere ir un paso máis  e converterse – tamén – no noso supermercado, polo que vén de abrir a súa tenda no estado español, na que se inclúen bebidas, alimentación (non perecedeiros) e produtos de limpeza.

Entre as vantaxes que ten é que mesmo poderemos recibir o pedido no mesmo día (na Comunidade de Madrid polo de agora), en aras de competir cos servizos web dos supermercados tradicionais. Isto só será posíbel se facemos a compra antes das 14.45 horas.

Podemos acceder ao supermercado de Amazon desde esta ligazón. Ademais, os proveedores tamén poden ofrecerse a vender produtos á compañía cubrindo este formulario.

Sobre o autor

3 Comments

  1. tino 29 Setembro, 2015 Responder
    • Iago Varela Martínez 29 Setembro, 2015 Responder
    • Pirulero 30 Setembro, 2015 Responder

Reply