Zen 10, a nova tablet de Woxter con dual bot Android / Windows 10

Woxter zen 10 - 1

Para que elixir se podemos ter todo? Iso foi o que deberon de pensar en Woxter coa súa nova tablet, a Woxter Zen 10, un trebello que destaca por incorporar sistema dual boot con Android 5.1 e Windows 10, o que permite escoller en todo momento que sistema operativo queremos empregar.

En canto a especificacións técnicas, estamos ante un trebello con pantalla IPS de 10,1 polgadas e resolución 1280 x 800 píxeles. No seu interior integra un procesador Intel de catro núcleos e 1,83 GHz, 2 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna ampliábeis por tarxetas microSD de até 64 GB (ou 1 TB conectando dispositivos USB).

Woxter zen 10 - 2

Ten dobre cámara, frontal e traseira, ambas as dúas de 2 Mpx. A batería é de 6000 mAh e ten un porto USB, outro microUSB (OTG) e un HDMI 1.4a.

Estará dispoñíbel en 3 cores (negro, azul, rosa) a finais de novembro por 229 €. No prezo inclúese un teclado magnético, un accesorio complementario que ao tempo axuda a sacarlle máis partido ao dispositivo.

No Responses

Deixa un Comentario