Netflix chega ao noso país o 20 de outubro

Sabiamos que Netflix íase lanzar no país pero aínda non coñeciamos a data. Hoxe confirmouse que será o 20 de outubro.

A aposta pola producción propia queda claro e, agás House of Cards e Orange is the new black, todas as series Netflix veranse no noso país vía VOD. Ademáis, poderemos seguir o calendario americano con emisións no noso país cando se estrean nos EUA en versión orixinal, en español ou subtitulada en español. Máis aló destas series, non temos seguridade cal será a programación completa que ofrecerá Netflix, máis existen rumores sobre negociacións con Antena 3 para a venta de series antigas a Netflix.

Tampouco temos confirmacións dos prezos aos que se van ofrecer os productos. A día de hoxe só sabemos que serán prezos semellantes a outros xa establecidos en Europa. Deste xeito, moverémos entre os 7,99 € da opción máis barata e calidade estándar e os 11,99 € para desfrutar de contido 4K até en 4 dispositivos.

Agardamos que en datas próximas ao día 20, todas estas dúbidas se resolvan para poder valorar a contratación do servizo.

Deixa un Comentario