Novos Chromecast e Chromecast Audio

Entre as novidades que Google anunciou onte tamén houbo espazo para descubrir unha nova versión do popular Chromecast, que ao igual ca os Nexus estará dispoñíbel en dúas versións: Chromecast e Chromecast Audio.

chromecast 2

O primeiro cambio visíbel é de deseño, elixindo unha cápusula de disco que se une ao conector HDMI cun pequeno cable. Este cambio débese á dificultade que atoparon algúns usuarios co primeiro deseño, que ao ser un pincho ríxido dificultaba o enganche en TVs con pouco espazo detrás.

Porén, no interior tamén temos novidades, e xa soporta redes WiFi ac (frecuencias de 2,4 e 5 GHz), permite enviar contido 1080p e integra Fast Play, unha función que acelera a reprodución.

chromecast audio

Pola súa banda, o Chromecast Audio é unha versión limitada do Chromecast que só recibe e retransmite audio pola súa toma de 3,5 mm.

O novo Chromecast custa 39 € e se pode mercar na Google Store ou en grandes almacéns como El Corte Inglés, Fnac ou Mediamarkt.

Sobre o autor

Reply