LG V10: dúas pantallas no novo buque insignia de LG

Sen esquecer a gama media, LG segue coa súa forte aposta pola innovación na gama alta. Fíxoo desde o espectacular LG G2 até o LG G4 que coñecemos na primavera. Agora anuncian o LG v10, un trebello claramente inspirado no G4 que pasa a converterse nun novo referente na compañía.

lg v10 - 4

Confirmando os rumores e filtracións das últimas semanas, o novo V10 incorpora dúas pantallas na parte frontal, a principal de 5,7 polgadas e unha secundaria de 2,1. Son desde logo os elementos máis definitorios dun trebello cunhas especificacións que non nos deixarán indiferentes.

lg v10 - 2

A pantalla principal é un panel QHD IPS con resolución 2540 x 1440 píxeles (513 ppp), mentres que a secundaria é unha IPS de resolución 160 x 1040 píxeles( 513 ppp). No interior temos un procesador Qualcomm Snapdragon 808 acompañado de 4 GB de RAM e 64 GB de memoria interna que poden ser ampliados con microSD (de até 2 TB!).

lg v10 - 3

A cámara principal é de 16 megapíxeles con apertura de f/1.8, mentres que a dianteira ten un sensor dual de 5 megapíxeles. Dispón de conectividade LTE-Cat 6 e batería, extraíbel, de 3000 mAh.

Pantalla secundaria e cámara con controis manuais

A segunda pantalla, situada na parte superior frontal, está pensada para servir para interactuar co teléfono e levar a acabo pequenas accións como a xestión das notificacións ou o control de apps.

lg v10 - 5

Pola súa banda, a cámara que integra é a mesma que a do LG G4, incluíndo o software que permite un modo manual para sacarlle todo o partido. Ademais, esta versión ten algunha que outra pequena mellora e tamén funciona co vídeo.

Dispoñibilidade

lg v10 - 1

Estará dispoñíbel en diversas cores (Space Black, Luxe White, Modern Beige, Ocean Blue e Opal Blue) proximamente, aínda que non confirmaron as datas nin, por suposto, o prezo.

 

Sobre o autor

Reply