LG Watch Urbane 2nd Edition, con Android Wear e 4G

Sen filtracións previas, algo raro a día de hoxe, vén de ser presentado o novo smartwatch de LG. Falamos do LG Watch Urbane 2nd Edition, un trebello que destaca por ser o primeiro reloxo Android Wear que inclúe conectividade 4G, o que permite o seu funcionamento pleno sen necesidade de andar co móbil.

lg watch urbane 2nd edition - 2

Incorpora unha pantalla P-OLED de 1,38 polgadas con resolución 480 x 480 píxeles (348 ppp), e no seu interior integra un procesador Snapdragon 400 a 1,3 GHz, 768 MB de RAM e 4 GB de memoria interna. A batería é de 570 mAh e dispón de conectividade Bluetooth 4.1, WiFi e LTE. Así mesmo, é resistente á auga e ao pó segundo o estándar IP67

lg watch urbane 2nd edition - 1

Chegará nun primeiro momento a Corea e aos Estados Unidos, e posteriormente a Europa, aínda que non confirmaron unha data a aproximada nin o prezo. O que si sabemos é que se comercializará en catro cores: negro, azul, branco e marrón.

Que vos parece?

Deixa un Comentario