Marshall London, para as máis exixentes co son

Marshall London - 1

De vez en cando atopámonos cun terminal de nicho que chama a nosa atención. É o caso do Marshall London, un dispositivo que ten como principal aspecto diferenciador a calidade do son.

As súas especificacións técnicas básicas non sorprenden por estar á altura dun gama alta, senón máis ben quedan dentro dese espectro que denominamos gama media. O máis destacado é que temos unha pantalla LCD IPS HD de 4,7 polgadas con protección Gorilla Glass, procesador Qualcomm Snapdragon 410 de catro núcleos a 1,2 GHz, 2 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, cámaras de 8 e 2 megapíxeles e batería de 2500 mAh.

Marshall London - 2

Agora ben, o que marca as diferenzas é o que nos atopamos en todo o que ten a ver co son, onde está todo pensado até o último detalle. E é que o London conta con dobre micrófono, dobre altofalante central, baixa latencia, DAC Wolfson WM8281, botón físico para acceder ao ecualizador e mesmo Bluetooth APTX, para transferencias de son sen fíos de alta calidade. Non é menos destacábel a presenza dun chip unicamente adicado ao son ou unha roda para manexar o volume de forma analóxica.

Marshall London - 3

Como podedes observar, trátase dun trebello claramente orientado a un público moi específico e exixente co son que quere disfrutar. Pódese mercar por 549 €.

Sobre o autor

Reply