Canguro Familia, a nova tarifa converxente de Orange con datos abundantes

orange canguro familia

Orange segue a traballar na mellora da súa oferta de tarifas converxentes co lanzamento da nova tarifa ‘Canguro Familia‘, a máis xenerosa en datos das que ofrecen as compañías de cuádruple play (teléfono, Internet, televisión e móbil): 10 GB de datos móbiles que poden ser consumidos indistintamente polas diferentes liñas que se inclúe non contrato.

Por 79,95 € as clientas de Orange con ‘Canguro Familia’ disporán de 10 GB de datos móbiles a velocidade 4G+, dúas liñas móbiles con chamadas ilimitadas as 24 horas e fibra óptica simétrica de 30 Mbps, aínda que por 12 euros máis ao mes poderán ser 300 Mbps, tamén simétricos (promocionalmente, 3 meses a prezo de 30 Mbps).

Quen precise engadir máis liñas, pódense engadir por 11,95 €/mes, até un total de 5 liñas. En calquera caso, poderanse elixir dúas modalidades de voz (ilimitadas 24 horas ou bono de 150 minutos), que poden disfrutar igualmente do bono de 10 GB anterior.

Quen quixer televisión, pode contratar de forma independente Orange TV, elixindo entre unha oferta de canles temáticos (7,95 €/mes) e/ou a oferta máis completa de fútbol (9,95 €/mes), que inclúe toda a Liga BBVA, a Copa del Rey e a Champions. Se o que se desexa é ver fútbol internacional, por 5 €/mes (gratis en promoción até o día 10) pódese contrata Bein Sport, canle que inclúe a Champions e a Europa League. Se, pola contra, preferimos series, por outros 5 €/mes poderase contratar Canal+ Series.

About The Author

Reply