Escolle o teu heroe e multiplica a diversión con Eternity Warriors IV

Chéganos unha nova edición do Eternity Warriors 4 no cal teremos que escoller que personaxe queremos representar o longo da nova aventura. Podemos escoller entre os heroes dispoñibles onde atopamos un guerreiro, un mago ou un asasino e desenvolveremos as súas habilidades e melloraremos as súas armas en función que avancemos nas misións.

A experiencia que nos imos atopar no Eternity Warriors 4 será sempre moi axitada e emocionante, tendo en conta os gráficos con animacións, paisaxes e modelados en 3D moi ben realizados. Porén presenta a clásica mecánica da enerxía que é limitada a un número de partidas consecutivas, limitando o tempo de xogo por así dicilo e tendo que esperar a que se recargue para poder continuar xogando, a non ser que se fagan compras na aplicación para disminuír eses tempos de espera.

ew5 ew4 ew3 ew2

Eternity Warriors 4 trae consigo un excelente PVP online e a posibilidade de crear alianzas entre os xogadores, está dispoñible de forma gratuita, pero tamén dispón de compras integradas. Podémolo descargar desde a Play Store.

Deixa un Comentario