Os Nexus 5, 6, 7 (2013), 9 e Nexus Player comezan a recibir Android 6.0 Marshmallow

saga nexus

Logo de termos coñecido os novos Nexus 5X e Nexus 6P, xa está dispoñíbel para a descarga a actualización de varios dos Nexus anteriores a nova versión de Android, 6.0 Marshmallow, da que xa vos adiantamos as principais  novidades. Se o preferides, podedes agardar á descarga vía OTA que se producirá nos vindeiros días.

En concreto recibirán a nova versión de Android o Nexus 5, Nexus 6, Nexus 7 (2013), Nexus 9 e Nexus Player, pero quedan fóra do calendario de actualizacións o Nexus 4 e Nexus 7 (2012).

Nos próximos días iremos coñecendo tamén que terminais se actualizarán do resto de fabricantes, algo que sempre preocupa ás usuarias. Temos que ter en conta que a meirande parte dos fabricantes empregan capas de personalización sobre a versión de Android, polo que o proceso de actualización é algo máis lento.

Deixa un Comentario