Twitter estrea Moments para destacar tweets dos eventos máis importantes

twitter moments

Logo de ter anunciado o ascenso de Jack Dorsay a CEO de Twitter o pasado luns, a compañía da rede de microblogging vén de anunciar Moments, un servizo que xa se intuía coas novidades que algunhas usuarias teñen en probas desde hai un tempo.

Moments é a evolución dos destacados (Lightning) e foi deseñado pensando nos usuarios menos activos ou novatos que non len todo o timeline e queren atopar rapidamente os mellores tweets, ou que non saben moi ben a quen poden seguir.

Accederase a este servizo a través dunha nova pestana (ilustrada cun raio) no que se poderán ver algo máis de media ducia de historias, con título, descrición e unha seleción de contidos en forma de tweets. Así mesmo, a compañía aspira a que a presenza de fotos e vídeo nestes tweets sexa importante, pois consideran que enriquece o contido.

Moments comezará a expandirse a todas as usuarias, priemiro nos Estados Unidos e logo no resto do mundo. Estará dispoñíbel tanto a través da aplicación de escritorio como en Android e iOS.

Vía

Sobre o autor

Reply