Dell renova a familia de portátiles XPS

A empresa americana DELL vén de renovar unha das familias máis atractivas do seu porfolio; foron actualizados os XPS de 13 e 15 polgadas e nos EUA presentouse o renovado XPS 12 que agora pode denominarse coma un pc convertíbel.

XPS 12

Esta denominación xa existía, pero foi un producto totalmente diferente ao que se presentou recentemente. Agora estamos diante unha equipa que se pode empregar como unha tableta tradicional á que lle podemos conectar un teclado a través dunha conexión magnética.

O músculo deste dispositivo vén da man dun procesador Core M5 dafamilia Skylake a 2,7 GHz, que é o procesador común para as dúas configuración que polo de agora atoparemos. A primeira delas cun prezo de 999$ ofrécenos 128 GB de almacenamento e 8 GB de RAM, mentres que por 1299$ temos pantalla 4K e 256 GB de memoria interna. En canto á conectividade destacamos que o XPS 12, ten 2 UBS Type C e o paquete inclúe un adaptador para USBs tradicionais.

Polo de agora sairá nos EUA o vindeiro mes de novembro.

XPS 13

Esta equipa non aporta nada novo en deseño, pero o seu interior foi actualizado e agora conta con procesadores Core i da familia SkyLake ademáis de novas unidades de memoria que poden chegar até 1 TB SSD (esta capadidade non está dispoñíbel no noso país).

Segundo as configuración que elixamos podemos ir dende os:

  • 1149€ para unha equipa cun Core i5-6200U, 4 GB de RAM, 128 GB de memoria e pantalla FullHD.
  • 1799€ para unha equioa cun Core i7-6500u, 16 GB de RAM, 512 GB de memoria e pantalla QHD+ tátil.

XPS 15

Ao igual ca o XPS 13, inclúe os novos procesadores de Intel correspondentes á 6ª xeneración acompañados por unha traxeta nVidia GeForce 940M e 1 TB SSD. Ademáis, os marcos da pantalla reducíronse de xeito notábel. De tal xeito que segundo a configuración elixida podemos ir dende os:

  • 1479€ para un dispositivo equipado cun Core i5-6300HQ Quad Core, 8 GB de RAM, 1TB + 32 GB SSD e FullHD.
  • 2399€ para un dispositivo equipado cun Core i7-6700HQ Quad Core, 16 GB de RAM, 1TB SSD e 4K ultra HD e tátil.

Ademáis, dende DELL garanten unha autonomía de até 16 horas (cifra que varía en función da configuración elixida) grazas ás novas baterías que se incorpora nesta actualización. Sen dúbida é un equipo para pelexar na gama máis alta de portátiles profesionais.

Deixa un Comentario