Sábado veremos o novo Honor 5X Play, unha nova aposta pola gama media

convite honor 10 outubro

Quedan apenas dous días para a presentación que Huawei ten previsto facer en China, aínda que desta vez centrada na súa marca comercial alternativa, Honor. A falta de saber se veremos máis produtos, o que todos damos por feito é que veremos o novo Honor 5X Play, un trebello de gama media que ficará por baixo dos 200 euros.

honor 5x play filtrado

O Honor 5X Play aposta por unha pantalla HD de 5 polgadas (resolución 1280 x 720 píxeles, 294 ppp) e no seu interior leva un procesador MediaTek MT6732 (catro núcleos a 1,5 GHz) acompañado por 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD). Completarán a listaxe de especificacións sendas cámaras de 13 e 5 megapíxeles, conectividade 4G e Android 5.1 como sistema operativo co que se porá á venda.

Será o sábado cando coñezamos todos os detalles e quizais tamén se a compañía ten previsto vender o novo trebello máis aló da China.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply