Huawei consigue velocidades de 3,6 Gbps sobre 5G

Malia que aínda queda moito por facer coa expansión do 4G, a próxima xeración móbil (5G) vén pisando forte, con Huawei como unha das empresas máis punteiras neste eido.

Precisamente a compañía chinesa está a realizar, en colaboración coa operadora NTT DoCoMo, unha serie de probas piloto con esta nova tecnoloxía obtendo uns moi bos resultados: empregando 24 usuarios simultáneos accedendo a recursos radio ao mesmo tempo acadaron picos de 3,6 Gbps con canles de 100 MHz.

Como dicimos, trátase de probas piloto en fase moi embrionaria, aínda que nos próximos anos veremos importantes movementos nesta dirección. Calcúlase que, de xeito global, non estaremos a falar dun despregamento comercial real até o 2020, aínda que algúns operadores como o norteamericano Verizon aseguran que terán redes operativas no 2017.

Vía

Deixa un Comentario