Pepephone ponse á venda por 200 millóns de euros

Pepephone está en venda por 200 millóns de euros, unha cifra que, malia ser bastante superior ao prezo de mercado, estarían a a plantexarse asumir algúns fondos de capital risco.

A compañía do macarra de lunares tense convertido nos últimos anos nunha referencia no sector, non só polos seus prezos baixos, que tamén, senón pola súa honestidade coa clientela, que os fai únicos. Malia non contar con rede propia (emprega a de Movistar), é o único OMV (dos que non son ‘marcas brancas’ doutros operadores) que ofrece 4G, logo de ter abandonado as redes de Vodafone.

Actualmente Pepephone ten uns 520.000 clientes, dos cales 485.000 son de móbil e 35.000 de ADSL, polo que valorando a compañía en 200 M€ sairía a uns 385 € por cliente. A tarefa de buscar comprador confióuselle ao BBVA.

Vía

Sobre o autor

One Response

  1. Juan Antonio 10 Outubro, 2015 Responder

Reply