bq anuncia a tablet Aquaris M10

O fabricante español bq vén de anunciar esta mañá unha nova tablet, a bq Aquaris M10, o primeiro trebello europeo destas características que integra a tecnoloxía Dolby Atmos.

A M10 incorpora unha pantalla de 10 polgadas con Dragontrail Asahi, e as usuarias poderán escoller entre dous acabados atendendo á calidade da mesma: HD, por 229 €, ou Full HD, por 269 €.

O resto de notificacións son as seguintes:

  • Procesador MediaTek MTK8163, 4 núcleos a 1,5 GHz (1,3 GHz na versión HD).
  • 2 GB de RAM.
  • 16 / 32 GB de almacenaxe interna.
  • Cámaras de 8 e 5 Mpx.
  • Son Dolby Atmos
  • Batería de 7280 mAh.

Malia que sairá á venda con Android 5.1.1 (Lollipop), a compañía xa está a traballar na actualización a Marshmallow (Android 6.0), o que sen dúbida é un aspecto positivo a ter en conta á decidirse por ela.

Porase á venda ao longo do mes de novembro.

No Responses

Deixa un Comentario