Ademais da tablet Aquaris M10, bq anunciou esta mañá un novo smartphone, o bq Aquaris X5, un trebello de gama media e acabados metálicos na súa aposta por facer máis premium a gama media que traballan.
O deseño é sen dúbida o aspecto máis notábel deste dispositivo, que pesa 147 gramos e ten 7,5 mm de grosor. As especificacións técnicas son dun gama media de libro. Pasámolas a resumir:
- Pantalla IPS de 5 polgadas (720p)
- Procesador SnapDragon 412
- 2 GB / 3 GB de RAM
- 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD)
- Cámaras de 13 e 5 Mpx (inclúe flash frontal)
- Batería de 2900 mAh.
- Conectividade 4G
Estará dispoñíbel en tres cores (gris antracita, gris prata e ouro rosado) en diversas configuracións:
- 2 GB + 16 GB: 229,90 €
- 2 GB + 32 GB: 249,90 €
- 3 GB + 32 GB: 269,90 €
Que vos parece?