Estreamos novo deseño

O 19 de agosto de 2013 Mallando no Android sufriu un gran cambio estético. Como comentamos naquel momento, o servizo gratuíto que nos ofrecía Blogger quedóusenos pequeno e mudamos a WordPress, ao tempo que comezamos a empregar hosting propio da man de Dinahosting, empresa galega e profesionais como ningúns :).

Naquel momento apostamos por un redeseño adaptado tamén aos dispositivos móbiles, pois o tráfico neste tipo de trebellos comezaba a despuntar. Así mesmo, incluímos tamén un buscador de contidos dentro do blog, algo que facía moita falla.

2 anos e pico despois mudamos de novo o deseño da web. Pensamos que é o momento de ir un paso máis aló na nosa aposta polo contido, aínda que tamén pola simplicidade, reducindo as categorías destacadas, dándolle máis importancia ás redes sociais e permitindo ás usuarias comprobar as novidades dun vistazo.

mallando 2015 - 1

Logo de ter escoitado as vosas opinións durante estes dous anos, cremos que a experiencia de lectura mellora nun ambiente simplificado e limpo, polo que no momento de abrir un artigo para a súa lectura teremos un ambiente minimalista. Á dereita do texto reservamos unha columna para información complementaria, como a campaña de micromecenado coa que mantemos o blog, algunha hipotética campaña publicitaria que puidera xurdir ou o que corresponda nun determinado momento.

mallando 2015 - 2

Por último, non quixemos esquecer a experiencia móbil, tanto por deseño e adaptación aos diferentes tipos de pantallas como pola presenza de funcionalidades específicas, como o botón de partillar contido por WhatsApp, algo que foi gañando importancia nestes últimos meses.

mallando 2015 - 3

Que vos parece esta remodelación do blog? Gústanvos os cambios?

Deixa un Comentario