Os novos Zenfone, con cobertura de danos incluída

Varios fabricantes xa se decataron que nun mercado con tanta competencia como o dos smartphones e as tablets non chega con vender os dispositivos, senón que hai que aportar algo máis. Por iso estase a facer habitual achegar seguros extra cos que protexer os nosos smartphones e tablets dos perigos máis habituais, como as roturas de pantallas por caídas ou o os roubos.

É o que pensan en Asus, que aproveitando o lanzamento da nova familia de smartphones Zenfone (Zenfone 2, Zenfone Selfie, Zenfone 2 Láser e Zenfone Go), xa dispoñíbeis na tenda en liña de Asus, a compañía lanza un programa chamado Cobertura Zenfone, cuxo principal obxectivo é reparar os trebellos accidentados.

Este seguro adicional será gratuíto para todas aquelas persoas que se rexistren na web de Cobertura Zenfone antes do 15 de xaneiro de 2016, e terá unha duración dun ano desde a adquisición do trebello, como se fose unha garantía paralela.

Deixa un Comentario