A Play Store actualiza o seu deseño

Malia que non pasou moito tempo desde o último gran redeseño da Play Store, Google ten preparada unha nova versión da súa tenda de contidos (aplicacións, filmes, música, libros…) que verá a luz axiña.

Polo que podemos ver nas capturas filtradas a través de Google+ o cambio é radical, creando dúas supercategorías: ‘xogos e aplicacións’ por un lado e ‘entretemento’ por outro. Dentro da primeira atoparémonos as subcategorías habituais, que agrupan apps e xogos tanto por temáticas como por listas de éxitos; do mesmo modo, baixo a denominación de ‘entretemento’ accederemos á música, filmes, libros e revistas.

Imaxinamos que estas novidades non han tardar moito en facerse oficiais, chegando consigo a actualización da aplicación. Con todo, seguro que nas próximas horas tamén aparecerá o ficheiro apk para que as máis impacientes poidamos ter xa a nova versión.

Que vos parece?

Deixa un Comentario