Vodafone mellora as tarifas prepago con máis datos

Vodafone vén de anunciar o aumento dos megas incluídos nas súas tarifas prepago (Vodafone Yu), dirixidas ao público máis novo, unhas novidades que estarán dispoñíbeis a partir do vindeiro 21 de outubro, tanto para os novos clientes como para os actuais, aínda que estes últimos deberán activalas.

Deste xeito, os plans Yu quedan como segue:

  • Yuser: 1 GB (antes 800 MB) + 20 minutos a calquera destino + chamadas / mensaxes de balde con outros Vodafone Yu por 10 €.
  • SuperYuser: 1,5 GB (antes 1,2 GB) + 50 minutos a calquera destino + chamadas / mensaxes de balde con outros Vodafone Yu por 15 €.
  • Megayuser: 2 GB (ANTES 1,6 GB) + 100 minutos en chamadas a calquera destino + chamadas / mensaxes de balde con outros Vodafone Yu por 20 €.

Como diciamos, a actualización de tarifas non será automática para os clientes actuais, polo que estes deberán cambiarse ás novas marcando o código USSD que corresponda:

  • Tarifa Yuser: *525*51# tecla de chamada.
  • Tarifa Superyuser: *525*52# tecla de chamada.
  • Tarifa Megayuser: 525*53# tecla de chamada.

Aquelas persoas que, pola contra, precisen unha nova tarxeta SIM, poden adquirila sen gastos de envío a través da web yu.vodafone.es.

Deixa un Comentario