Pornhub ponse serio co ‘revenge porn’

O termo revenge porn refírese ao acto de expór na Internet imaxes ou vídeos con contido sexual doutras persoas (tipicamente ex-parellas) sen o seu consentimento. Este tipo de material acaba moitas veces en webs de contidos para adultos, como Pornhub, unha das webs porno máis importantes, con arredor de 60 millóns de visitantes por día.

pornhub revenge porn

Porén, Pornhub quere acabar co revenge porn, para o que vén de habilitar unha web – formulario que permite aos usuarios, cubrindo uns poucos datos, solicitar a retirada de vídeos nos que puideran saír. Ao tempo, o mesmo formulario pode ser empregado por propietarios de Copyright que queiran exercer os seus dereitos sobre vídeos subidos sen consentemento.

Con este xesto a compañía pretende que os usuarios se sintan máis seguros e, polo tanto, máis cómodos coa súa experiencia na web.

Deixa un Comentario