Doogee Homtom HT6, o smartphone con batería (case) infinita

Se cadra unha das maiores queixas das usuarias de smartphones é a (pouca) duración das baterías, un aspecto que moitos fabricantes descoidan para non aumentar o peso final dos dispositivos e porque as consumidoras xa estamos afeitas a ter que cargar todas as noites os nosos trebellos ou ter cargadores en todos os lugares nos que adoitamos parar.

Por iso chamounos a atención o que nos ofrece o Doogee Homtom HT6, un teléfono de prestacións medias que fai da batería bandeira, integrando nada máis e nada menos ca 6250 mAh, isto é, o dobre do habitual nos trebellos das súas características.

doogee homtom ht6 - 2

O resto de especificacións da súa ficha son as que seguen:

  • Pantalla HD de 5,5 polgadas con resolución 720p.
  • Procesador MediaTek MTK6735P, de catro núcleos a 1 GHz (64 bits).
  • 2 GB de memoria RAM.
  • 16 GB de memoria interna (ampliábeis con microSD de até 32 GB).
  • Cámaras de 8 / 5 Mpx.
  • Batería de 6250 mAh.
  • Android 5.1 Lollipop.

Como diciamos antes, trátase dun dispositivo de gama media, que simplemente ten unha batería de maior capacidade como elemento diferencial. Custa 170 dólares (algo menos de 150 € ao cambio), e pódese mercar nesta ligazón.

Deixa un Comentario