Meizu M2 4G, baixando o prezo á gama media

O fabricante chinés Meizu volve a dar que falar cun novo terminal, o Meizu M2 4G, un dispositivo de gama media e prezo de terminal de entrada, aínda que para conseguilo teremos que acudir ás páxinas que venden trebellos chineses, xa que polo de agora non está dispoñíbel en tendas físicas.

Entre as súas especificacións atopamos unha pantalla IPS de 5 polgadas con resolución HD (1280 x 720, 296 ppp), protexida contra rabuñadas e pequenos croques coa tecnoloxía AGCDragon Tail, procesador MediaTek MTK6735, de catro núcelos a 1,3 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 128 GB.

meizu m2 - 1

Dispón de dúas cámaras, a traseira con sensor CMOS  de 13 megapíxeles (fabricado por Samsung), mentres que a frontal queda nos 5 megapíxeles con f/2.0.

Como sistema operativo emprega un fork de Android, Flyme 4.5  UI, aínda que plenamente compatíbel con Android 5.1, polo que as apps da Play Store funcionan correctamente no trebello.

O Meizu M2 4G pódese atopar en varias páxinas por pouco máis de 120 euros.

No Responses

Deixa un Comentario