Chega Netflix cun mes de proba gratuíto

Tal e como vos adiantamos hai unhas semanas, mañá é o día: Netflix desembarca ao fin no Estado español. Deste modo, a partir das 00.00h deste martes 20 de outubro poderemos contratar o servizo da popular plataforma de streaming que ofrece tanto filmes como series de televisión baixo demanda.

A oferta de Netflix componse de tres tarifas que as usuarias poden contratar dependendo das súas necesidades e do que estén dispostas a pagar:

  • Opción básica: 7,99 € / mes. Ofrece o contido en calidade SD e só se pode empregar nun dispositivo a un tempo.
  • Opción HD: 9,99 € / mes. Por dous euros máis teremos calidade HD e a posibilidade de empregar o servizo en dous dispositivos ao mesmo tempo.
  • Opción premium: 11,99 €/mes. A opción superior terá contido en calidade até 4K e se pode empregar en até 4 dispositivos ao mesmo tempo.

Final Netflix

Ademais, e a modo de oferta de benvida, poderemos probar o servizo durante un mes sen custe algún, pasado o cal deberemos decidir se o damos de baixa ou deixamos  que se renove automaticamente.

En canto ao contido que incluirá inicialmente o servizo non hai moita información ao respecto, máis aló de que o catálogo non será tan amplo como o que disfrutan nos EEUU, en parte polos dereitos de operadoras españolas sobre certas series (por exemplo non estarán House of Cards nin Orange is the New Black, exclusivos de Movistar si que están).

Netflix conta tamén con aplicación oficial para Android, que podemos descargar xa desde a Play Store, aínda que obviamente para poder usala debemos agardar a que o servizo estea dispoñíbel no noso país.

Tedes pensado contratar este servizo?

One Response

  1. Roi Valcárcel 19 Outubro, 2015 Responder

Deixa un Comentario