Samsung fabricará procesadores para os seus gamas media

Malia fabricar procesadores, Samsung dependía en gran medida de Qualcomm para os seus smarphones e tablets, aínda que os problemas de quecemento do Snapdragon 810 a comezos de ano fixo cambiar os plans de varias empresas. Entre elas a propia Samsung, que sorprendeu escollendo un modelo Samsung Exynos para os Galaxy S6 e Galaxy Note 5, no que moitos consideran o inicio do camiño cara a autosuficiencia.

Co departamento de procesadores ben encamiñado o seguinte paso é apostar por un modelo Exynos para os gama media, algo que poderíamos ver na nova xeración da serie A. Segundo apunta SamMobile, o fabricante surcoreano estaría probando un procesador propio para estes dispositivos, o Exynos 7880, aínda que tamén estaría traballando nos Exynos 4322 e Exynos 8890 para unha gama superior.

Polo de agora é cedo para falar de dispositivos concretos como firmes candidatos a albergar os novos chipsets da compañía, pero a estas alturas do ano xa hai que comezar a pensar no Galaxy S7, que seguramente será máis Samsung ca nunca.

Deixa un Comentario