Samsung e Vodafone ofrecen até 6 meses de Netflix de balde aos clientes

Tras a chegada de Netflix ao noso país, tanto Vodafone como Samsung veñen de anunciar promocións orientadas aos seus respectivos clientes, ofrecéndolles até 6 meses de balde.

A oferta de Vodafone

A operadora británica ofrece 6 meses de Netflix de balde tanto para novos clientes como para os actuais con paquetes Vodafone One M ou L que teñan ademais contratado o servizo de TV ou ben para clientes con plan móbil Red L ou Red XL.

En concreto, a promo engloba a proposta intermedia de Netflix, que ten calidade HD e se pode empregar en até 2 dispositivos a un tempo. Logo dos meses de promoción o prezo é de 9,99 €/mes.

A oferta de Samsung

Pola súa banda, a oferta de Samsung está orientada a quen merque produtos da compañía con tecnoloxía de ultra definición nos televisiores Smart TV e tamén nalgunhas tablets e smpartphones.

Máis polo miúdo, as compradoras dun Samsung Galaxy S6 Edge, Galaxy S6 Edge+ ou unha tablet Galaxy Tab S2 gozarán de 3 meses coa oferta intermedia (calidade HD e 2 dispositivos a un tempo), que logo do período promocional custará 9,99 €/mes. Por outra banda, pola compra dun televisor Samsung UHD recibiranse 3 meses de Netflix Premium (calidade UHD e até 4 dispositivos a un tempo), mentres que se é un Samsung SUHD serán 6 meses; en calquera destes dous casos, logo da promoción o prezo será de 11,99 €/mes.

Netflix

A oferta de Netflix inclúe series orixinais en exclusiva, como ‘Narcos’, ‘Marvel – Daredevil’, ‘Sense8’, ‘Bloodline’, ‘Grace and Frankie’, ‘Unbreakable Kimmy Schmidt’ ou ‘Marco Polo’, documentais aclamados pola crítica como ‘Virunga’ ou ‘Mission Blue’, docuseries como ‘Chef’s Table’, películas e series como ‘Titanes del Pacífico’, ‘El Hombre de Acero’, ‘Gotham’, ou ‘Arrow’. Tamén se poderá atopar unha selección especial para as pequenas con títulos como ‘Kung Fu Panda’, ‘Ninjago: Masters of Spinjitzu’, ou ‘Madagascar’.

As espectadoras contarán con novos títulos de forma continuada e poderán disfrutar das primeiras longametraxes ‘Netflix Original’, con títulos como ‘Beasts of No Nation’, ‘Crouching Tiger, Hidden Dragon, The Green Legend’, ‘Jadotville’, ‘The Ridiculous 6’ y ‘Brad Pitt’s War Machine’. Ademáis, Netflix ofrece unha amplia variedade de subtítulos e dobraxes.

No Responses

Deixa un Comentario